Primeiros éxitos das Escolas Deportivas de Negreira

Pasado un mes do inicio da Escolas Deportivas Municipais 2012/13, xa temos boas novas que veñen da Escola de Atletismo, o atleta Youssef Kouaou quedou primeiro da súa categoría, na XXXV Carreira Pedestre Popular de Santiago, e 60ª da xeral, amosando o enorme potencial que este xoven ten para este deporte.O tempo deste gran atleta foi de 41:56 min. que o levou a gañar na categoría xunior con certa facilidade. Na carreira escolar Lucia Súarez tamén acadou o terceiro posto da xeral en categoría feminina, polo que tamén indica que esta gran deportista segue coa súa imparable carreira cara o exito.

O resto de rapaces das Escolas tamén fixeron un gran papel nesta Carreira Popular que este ano chegou a súa 35ª edición cun gran número de participantes.

Tamén temos que dar conta do inicio de competición para o equipo de Tenis en categoría Cadete que vai a disputar a Liga cos seguintes equipos: CASINO FERROLANO, USC SANTIAGO e CLUB DE TENIS CHANTADA.

A primeira xornada que foi o pasado 27 de outubro en Chantada, non puideron acadar a victoria pero deron a cara e amosaron que este ano poden obter un bo resultado nesta reñida competición.