Novo curso das Escolas Deportivas Municipais 2012/13

Despois das  vacacións estivais comenza un novo curso de Escolas Deportivas Municipais, nas que intentaremos que sexan amenas e poidades aprender moitas cousas.

O exercicio físico é primordial para poder ter enerxia e forzas para o día a día, sobre todo en idade escolar que é cando máis actividade se realiza. Por iso animamos a todos os nosos nenos e nenas a que practiquen algún deporte semanalmente para poder ter as pilas ben cargadas durante o curso.

Este ano o Concello de Negreira volve a facer un esforzo por manter todas as actividades deportivas, que intentarán cubrir as necesidades dos nosos xóvenes. Tamén animamos á xente adulta a non quedarse na casa e facer algunha actividade, para que se sintan mellor e poidan estar maís sans.

Por todo isto animamos a todos/as a escoller algunha das actividades que ofertamos para esta tempada 2012-13, moita sorte !!!!!!