O Campionato Comarcal de Campo a través será o 3 de decembro.


O vindeiro 3 de decembro de 2012, vai a ter lugar o Campionato Comarcal de Campo a Través, organizado pola Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, nas inmediacións do I.E.S. Xulián Magariños por terceiro ano consecutivo.

Nesta actividade deportiva van a participar unha ducia de Centros Escolares que aportarán un total de 400 nenos e nenas que van disputar varias carreiras por categorías, dende benxamín ata cadete.

Os gañadores das distintas probas poden clasificarse para o Campionato Intercomarcal que será nunha data posterior ó mes de xaneiro de 2013.

Desexamos que todos os participantes teñan unha boa xornada en Negreira.