Máis exitos dos nosos deportistas máis novos

Despois dos exitos colleitados polos equipos de futbol sala das Escolas Deportivas de Negreira, nas categorías de Benxamín e Alevín, unha nova deportista escribiu con letras de ouro a súa incursión na élite española de karate, trátase de Melani Suárez que conqueriu unha medaia de bronce no Campionato de España Infantil do pasado mes de abril en Alcobendas.

O Concello de Negreira faralle unha recepción oficial, no Salón de Plenos a próxima semana para recoñecerlle o esforzo e dedicación que está a facer tanto ela como a súa adestradora e clube Akai Ryu.






En canto o fútbol sala podemos xa avanzar como vai a ser o Campionato Provincial que se vaia celebrar o vindeiro sábado 12 de maio en A Coruña.

Polideportivo  Monte das Moas - (Categoría Benxamín Mixto)





HORA       ENCONTRO
11:00             Semif. 1 Benx.: Sol Bowling O Parrulo Ferrol F.S. – E.F. Milladoiro “A”
12:30             Semifinal 2 Benx.: Colexio Liceo – E.D.M. de Negreira

HORA       ENCONTRO
16:30          3º- 4º posto Benx.:
18:00          Final Benxamín

Pavillón de Cocheras - (Categoría Alevín Masculino)
HORA        ENCONTRO
11:00              Semifinal 1 Alev. Masc.: Mare Nostrum – E.F. Santiago
12:30              Semifinal 2 Alev. Masc.: E.D.M. Concello de Negreira – Xuventude Narón

HORA         ENCONTRO
16:30               3º- 4º posto Alev. Masc.:
18:00               Final Alev. Masc.: