Presentáronse as Actividades Deportivas 2011-12


O pasado venres 30 de setembro tivo lugar o acto de presentación das Escolas Deportivas Municipais para esta campaña 2011-12.

A maioría das actividades mantense como en anos anteriores e a única novidade e a Escola de Aerobic para adultos que será os xoves e venres en horario de 21:00 h. a 22:00 h. e de 22:00 h. a 23:00 h. na aula 3 do novo Centro Cultural.

Un total de 12 disciplinas dirixidas a nenos e adultos conforman a oferta deportiva que o Concello de Negreira pon a disposición de todos os veciños e veciñas, coa intención de realizar unha actividade que sexa amena e entretida e poidan disfrutar no tempo de lecer do teu deporte preferido.
Os horarios podes consultalos no banner que tes a esquerda ou PINCHANDO AQUÍ.

>MONITORES ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2011/12

ATLETISMO:  martes e xoves de 20:00 h. a 22:00 h. I.E.S. X. Magariños/ JOSE M. GARCIA

AEROBIC: xoves e venres/Centro Sociocultural aula 3/MARIA J. PONTE
GRUPO 1: 21:00 h. a 22:00 h.
GRUPO 2: 22:00 h. a 23:00 h.

BALONCESTO: sábados de 15:30 h. a 17:00 h./ Pedra Mámoa/ MANUEL HOMBRE

FÚTBOL SALA: martes e mércores / Pedra Mámoa/ LUIS ZARCO e ABEL PÉREZ
Prebenxamíns (2004-2005): 16:45 h. a 17:30 h.
Benxamins (2003): 17:30 h. a 18:15 h.
Benxamíns (2002): 18:15 h. a 19:00 h.
Alevíns (2000-2001): 19:00 h. a 19:45 h.
Feminino: 19:45 h. a 20:30 h.

MULTIDEPORTE: martes e xoves / C.E.I.P. O Coto/ JOSE M. GARCÍA
15:30 h. a 16:30 h. nenos/as que van ó comedor escolar
16:30 h. a 17:30 h. nenos/as que non van o comedor escolar

PREDEPORTE: luns e venres / C.E.I.P. O Coto/ JOSE M. GARCÍA
15:30 h. a 16:30 h. nenos/as que van ó comedor escolar
16:30 h. a 17:30 h. nenos/as que non van o comedor escolar

TENIS: venres e sábados/ Pedra Mámoa/ CLUB TENIS NEGREIRA

PATINAXE: luns e xoves/Pedra Mámoa/ MARCOS PÉREZ
GRUPO 1: 16:45 h. a 17:30 h.
GRUPO 2: 17:30 h. a 18:15 h.
GRUPO 3: 18:15 h. a 19:00 h.
GRUPO 4: 19:00 h. a 19:45 h.
GRUPO 5: 19:45 h. a 20:30 h.

X. RITMICA: luns e mércores/ 18:15 h. a 19:15 h./I.E.S. X. Magariños/MARÍA FERNANDEZ

X. MANTEMENTO: luns e mércores/Centro Sociocultural aula 3/ MARIA J. PONTE
GRUPO 1: 21:00 h. a 22:00 h.
GRUPO 2: 22:00 a 23:00 h.

X. MAIORES: martes e xoves/ Centro Sociocultural aula 3/ MARIA J. PONTE
GRUPO 1: 10:00 h. a 11:00 h.
GRUPO 2: 11:00 h. a 12:00 h.