Comeza a Liga de Fútbol Sala Escolar


O pasado venres 11 de novembro comenzou a Liga de Fútbol sala escolar onde o equipo de O Cotón en categoría benxamín e Alevín disputou no Pavillón de San Vicente na Baña os primeiros partidos desta tempada.

En categoría benxamín o equipo de Negreira gañou con solvencia o seu encontro por un contundente resultado de 0-10. O equipo Alevín de O Cotón que está formado por rapazas na súa totalidade, perdeu por 8-5 nun partido moi disputado.

Os equipos benxamín e Alevín das E.D. Negreira tiveron que aprazar o seu partido contra Santa Comba a petición do equipo do Xallas, e se xogará pola semana nunha próxima data.

Esperamos que se consigan os éxitos do pasado ano e se poida clasificar algún equipo para a fase comarcal.