Dende o pasado 5 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas distintas modalidades deportivas que o Concello de Negreira oferta.
A principal novidade é a Escola de Aerobic que vai dirixido a persoas de máis de 18 anos, que terá lugar os xoves e venres de 21:00 h. a 21:45 h. e de 22:00 h. a 22:45 h. na Casa de Cultura.
O resto das actividades son similares a de anos anteriores nas que como sempre destacan fútbol-sala, tenis e patinaxe.
Esperamos contar con todos vos e ter un ano cheo de triunfos e alegrías.
Moita sorte!!