AS ESCOLAS DEPORTIVAS DESPÍDENSE ATA SETEMBRO


Despois de sete intensos meses de actividades deportivas, as Escolas Deportivas Municipais chegan o remate deste curso cun gran sabor de boca. Máis de 350 nenos e nenas puideron practicar o seu deporte favorito así como disfrutar cos seus compañeiros e amigos nos distintos torneos e campionatos.

Os logros obtidos nas distintas disciplinas foron moi importantes destacando o campionato intercomarcal de futbol sala e 4º posto na fase provincial do equipo de fútbol sala benxamín, o campionato comarcal do equipo alevín de fútbol sala, o subcampionato na Liga de Tenis infantil do equipo de tenis, a medaia de bronce da atleta Lucia Suarez no Campionato galego infantil en pista cuberta e no campionato galego en pista, os distintos triunfos dos rapaces do Clube de Kárate o Coto nos campionatos Comarcais e Provinciais, o bo papel acadado polo equipo alevín de baloncesto na Liga de Barbanza, e a ilusión dos nenos das outras disciplinas como as nenas de ritmica que estreaban equipación ou os rapaces de patinaxe.

Esperamos que no mes de setembro, cando se abra de novo o prazo de inscrición para o curso 2011/12, poidamos acadar tantos éxitos como esta campaña, polo que vos desexamos unhas FELICES VACACIÓNS E QUE TEÑAMOS UNHA VINDEIRA CAMPAÑA CHEA DE GRANDES LOGROS.

UN SAÚDO........