21/02/2011 MAZARICOS en categoría Infantil, e NEGREIRA en Alevíns e Benxamíns clasificáronse para a fase Intercomarcal despois de disputar a Fase final o pasado domingo en Negreira.
En infantís o equipo de Mazaricos demostrou unha clara superioridade sobre os seus rivais demostrando que foi o mellor equipo da súa fase.
En alevíns Negreira e Santa Comba xogaron unha semifinal moi igualada chegando o final dos 40 minutos com empate a 2, nos penaltis o equipo local tivo maís fortuna e pasou a final onde gañou con certa solvencia o equipo de Muros.
En canto os benxamíns déronse as mesmas circunstancias xogando Negreira e Santa Comba en semifinais e Muros- Esteirana. A final entre o equipo local e Muros decantouse de lado dos Negreirenses, demostrándose que os equipos que quedaron primeiros na fase regular foron os máis fortes e xogarán en Noia a seguinte fase en abril. ¡ Sorte a todos !
Para consultar os resultados PINCHA AQUÍ