MÁIS DE 150 RAPACES VAN A DISPUTAR A FASE FINAL COMARCAL DE FUTBOL SALA EN NEGREIRA


15/02/2011
Os equipos alevín e benxamín de fútbol sala do noso Concello, completaron unha Liga Escolar casi perfecta acadando o 1º posto nas dúas categorías, agora chegan a Fase final que terá lugar o vindeiro domingo 20 de febreiro, coa intención de demostrar a súa superioridade e conseguir o titulo para pasar a Fase Intecomarcal, que posiblemente sexa en Noia no mes de abril.


Un doble choque, cun duro equipo como SANTA COMBA en semifinais apartir das 11:00 h. vai a facer que teñamos que esforzarnos para poder pasar as finais que se disputarán pola tarde.

Dende o Concello intentarase que todo saia con normalidade e que se poidan ver grandes partidos entre os equipos de SANTA COMBA, MUROS, ASOC. OS MIUDOS, ESTEIRO, MAZARICOS E NEGREIRA.

Para ver a información da Liga podes PINCHAR no banner da FASE COMARCAL 2011.