O DOMINGO 27 DE FEBREIRO CELÉBRASE O XIX CAMPIONATO DE KÁRATE "VILA DE NEGREIRA"

A partir das 10:00 h. no Pavillón de Pedra Mámoa poderemos ver a máis de 150 deportistas de Negreira e contorna neste campionato comarcal, os clubes convidados son os seguintes:

- Colexio Inmaculada (Santiago).
- C.D. Bispo Guerra Campos (Bertamirans)
- Squash Club Santiago
- Clube de Karate Valga
- Ximnasio Sparta (Santiago).
- Asociación Deportiva Do Coto

Esta xornada vai a significar unha festa para os karatecas locais xa que poden amosar os coñecementos conqueridos durante o curso e unha ocación de ter unha xornada de convivencia con nenos e nenas de outras escolas.