O DOMINGO 23 DE XANEIRO COMENZA A LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR

Asombrados co fantástico inicio de Liga do equipo de Tenis infantil do C.T. Negreira, outro equipo das E.D. de Negreira vai a debutar este próximo domingo: O equipo de baloncesto de categoría alevín.

Despois de varios anos sen competir por fin se vai a debutar na liga de baloncesto de Boiro onde durante dous meses a escadra de Negreira vai a competir contra equipos de Padrón, Boiro, Brión, Esteiro, Riveira e Noia.

A hora do encontro será as 11:00 h. da mañán no Pavillón de Barraña en Boiro contra o Santa Baia Kirs-Ho

A pesar de ter poucos efectivos os nosos rapaces van a intentar pelexar polos primeiros postos da táboa, sorte para todos.