Os corredores da E.D. de Atletismo do Concello de Negreira obtiveron uns fantásticos resultados na proba do pasado 12 de xaneiro na nosa vila.Participaron catro atletas, dos cales dous de eles están a adestrar co clube U.S.C. e participaron como invitados sen poder obter a clasificación para a intercomarcal, xa que teñen que clasificarse en Santiago.
En categoría alevín MARTIN DARRIBA quedou 4º clasificado e ALBA ESPASANDIN 7ª, en categoría infantil LUCIA SUÁREZ quedou 1ª e en cadetes DAVID ARDIÓNS obtivo o 2º posto.
O bo ambiente reinou durante toda a mañán, convertíndose máis nunha festa que nunha proba competitiva, podendo ver imaxes de compañerismo e solidariedade entre os participantes.
Dende o Concello agradecemos o bo comportamento dos nenos e nenas participantes que fixeron desta vila a capital do atletismo comarcal, e desexamos sorte a todos na proba intercomarcal de Campo a Través que terá lugar o venres 28 de xaneiro na Pobra do Caramiñal.