PRETO DE 800 ESCOLARES PARTICIPARÁN MAÑÁN 12 DE XANEIRO NA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS EN NEGREIRA.

Nove colexios participan na carreira de Campo a través Comarcal que terá lugar na mañán do mércores 12 de xaneiro na explanada do I.E.S. Xulián Magariños, a partir das 11:00 h.
Esta proba está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e será clasificatoria para a fase provincial.

Os horarios das carreiras serán os seguintes:

11 :00 h.  BENX. MASC.
11 :15 h.  BENX. FEM.
11 :30 h.  ALEVÍN MASC.
11 :45 h.  ALEVÍN FEM.
12 :00 h.  INFANTIL MASC.
12 :20 h.  INFANTIL FEM.
12 :40 h. CADETE MASC.
13 :05 h. CADETE FEM.

Os Centros Escolares participantes son:
  1. C.B. Xuventude Dubresa
  2. CPI Bembibre
  3. AD CP de Zas
  4. Ceip Barrié de la Maza
  5. CPI A Baña
  6. IES Ames
  7. CPI A Picota
  8. CEIP Victor Saez
  9. CEIP Pino de Val
  10. Concello de Negreira
Queremos agradecer a colaboración de Begano S.A. que apoia esta proba escolar.

¡ Sorte a todos os nenos/as !.