Os rapaces cadete e xuvenil da Escola de Tenis do Concello de Negreira comenzaron a súa andaina na Liga da Federación Galega de Tenis co equipo do Clube Tenis Negreira.
Nesta primeira xornada xogada o pasado fin de semana, o equipo perdeu contra o equipo de Clube de Campo Ferrol por un tanteador final de 5 a 2.
A pesar da derrota o equipo fixo un gran papel tendo en conta que se enfrentan a xogadores senior, pero a bo seguro que pronto virán as victorias.