Xa está en marcha a FASE FINAL COMARCAL de fútbol sala escolar que se celebrará o vindeiro sábado 17 de marzo no Pavillón de Fontenla en Santa Comba.
Este ano o Concello de Negreira accede a esta fase con dous equipos: os Benxamíns e Alevíns das Escolas Deportivas Municipais.
Nesta fase os catro primeiros de cada categoría na Fase Regular, enfrontaranse entre eles disputando primeiro as semifinais e despois as finais. Os encontros de semifinais xóganse pola mañán e as finais pola tarde.
Os horarios e enfrentamentos completos son os seguintes:
SEMIFINAIS
INFANTIL
10:00 h E.D.OS MIUDOS – A BAÑA F.
10:45 h AMARELLE F.S.F – ATLETES F.
ALEVÍN
11:30 h E.D.M. NEGREIRA – E.D.M. MAZARICOS
12:15 h E.D. OS MIUDOS – E.D.M. SANTA COMBA
BENXAMÍN
12:45 h E.D. OS MIUDOS B – C.F. PORTOMOURO
13:15 h E.D.M. NEGREIRA. – AMARELLE F.S.F.
FINAIS
16:00 h CATEGORIA BENXAMÍN
17:00 h CATEGORÍA ALEVÍN
18:00 h. CATEGORÍA INFANTIL