O pasado sábado 25 de febreiro celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través no Concello Pontevedrés de Portas, onde tres atletas das Escolas Deportivas Municipais de Atletismo participaron con moi bos resultados.
Martín Darriba Crespo, acadaba un sétimo posto na categoría alevín sobre unha distancia de 2.000 metros moi preto dos postos de cabeza. Nuria Rodriguez Gómez chegaba a meta nunha meritoria 19 posición, na categoria Cadete sobre unha distancia de 3.000 m., pero a gran noticia da mañán viña da man de Lucia Suárez Crespo que acadaba un segundo posto na carreira infantil sobre unha distancia de 2.000 m., cumplindo os pronósticos que lle otorgaban moitas posibilidades de conseguir unha medaia nesta proba de campo a través.
Noraboa os tres competidores, e que sigan colleitando exitos para o atletimos negreirés.
PARA VER OS RESULTADOS PINCHA AQUÍ