Bos resultados no Campionato Provincial Escolar de Campo a Través



Tres de catro, estos son os atletas das E.D. de Atletismo de Negreira clasificados para o Campionato Galego de Campo a través celebrado na Pobra do Caramiñal.
O pasado sábado 11 de febreiro Nuria Rodriguez, Lucia Suárez e Martin Darriba lograban chegar nas suás carreiras entre os oito primeiros, o que os clasifica directamente para o campionato Galego.
Na carreira de alevíns, Martin Darriba conquería un meritorio 2º posto disputando unha carreira moi igualada ata o final, seguidamente Lucia obtiña o mesmo posto na carreira infantil onde tamén demostrou que está entre as mellores de Galicia. Por último Nuria na súa carreira obtiña a sexta posición clasificándose  e pelexará na seguinte fase coas mellores atletas galegas.
Por último Marta Fagín por só dous postos non logrou a clasificación, xa que a pesar de que o tivo nas mans o final tivo que conformarse coa oitava plaza, que para ser o seu primeiro ano no equipo, está a demostrar que pode chegar moi lexos.

Noraboa a todos e sorte no campionato Galego de Campo a Través.

Para ver os resultados PINCHA AQUÍ