As Escolas Deportivas poñen o punto e final esta fin de semana

Despois de sete meses de Escolas Deportivas, as distintas actividades rematan despois dunha tempada chea de logros e bos momentos.

A pesar de que a filosofía destas escolas é a de introducirse no mundo do deporte e mellorar a condición física, os resultados nas distintas competicións están a ser moi positivos.

Agradecemos o compromiso e dedicación dos distintos monitores, así como o esforzo dos nenos e nenas que día a día estiveron traballando para mellorar e lograr algún obxectivo.

Esperamos que a próxima tempada poidamos ofertar algunha actividade deportiva máis e seguir medrando.

Un saúdo a todos e todas e ata a vindeira campaña.


sábado 11 de maio

16:00 h. EXHIBICIÓN DE KÁRATE “CLUB KARATE O COTO”
16:30 h. EXHIBICIÓN XIMNASIA RÍTMICA (Grupo 1 e Grupo 2)
16:40 h. EXHIBICIÓN BAILE MODERNO
16:50 h. EXHIBICIÓN XIMNASIA RITMICA (Grupo 3 e Grupo 4)
17:00 h. EXHIBICIÓN DE KÁRATE “CLUB AKAI RYU”
17:20 h. EXHIBICIÓN XIMNASIA RÍTMICA (Grupo 5 e Individual)
17:30 h. EXHIBICIÓN CAPOEIRA (Grupo AGDA CAPOEIRA Brión)
17:50 h. EXHIBICIÓN PATINAXE GRUPO 1
18:00 h. RECEPCIÓN ESCOLAS DE PREDEPORTE, MULTIDEPORTE E ATLETISMO
18:10 h. EXHIBICIÓN PATINAXE GRUPO 2
18:20 h. EXHIBICIÓN TENIS
18:40 h. EXHIBICIÓN PATINAXE GRUPO 3
18:50 h. PARTIDO FUTBOL SALA (Prebenxamín 2006)
SANTA COMBA - NEGREIRA
19:25 h. PARTIDO BALONCESTO (Premini)
C.B. CLUNY – NEGREIRA
19:50 h. RECEPCIÓN EQUIPOS FUTBOL SALA
20:00 h. PARTIDO FUTBOL SALA (Prebenxamín 2005)
SANTA COMBA - NEGREIRA
20:30 h. PARTIDO BALONCESTO (Infantil)
C.B. CLUNY – NEGREIRA


Quedan poucos días para o Memorial "Jesús G. Calvo"

O 27 de abril vai a ter lugar o I Memorial "Jesús García Calvo" de kárate organizado polo clube Akai Ryu coa colaboración do Concello de Negreira, un torneo onde van a competir deportistas de toda Galicia, así como de outras comunidades.

Dende a mañán pasarán polo Pavillón de Pedra Mámoa centos de karatecas que tratarán de acadar os primeiros postos para conquerir algún dos trofeos en xogo.

Animamos a toda a xente a visitar o recinto para apoiar os nosos xóvenes deportistas.
Boas novas para os equipos de fútbol sala de Negreira e para a atleta Lucia Suárez


Os equipos de fútbol sala das Escolas Deportivas de Negreira en categoría Benxamín e Alevín conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de fútbol sala escolar 2013, despois de acadar a victoria na fase Final  que se celebrou en A Baña.

Outro ano máis os dous equipos conseguen meterse na seguinte Fase onde se van a enfrentar os campions da zona de Barbanza, Noia e Fisterra.

O Concello de Negreira solicitou albergar esta Fase Intercomarcal que terá lugar o sábado 4 de maio, o que significaría un espaldarazo o traballo que se está a levar na nosa Escola.

Por outra banda a atleta Lucia Suárez, acadou o 4º posto no Campionato de España de Campo a Través Escolar de categoría Cadete, coa seleción galega celebrado en Avila.

Está xoven deportista, demostrou unha vez máis que ten un importante futuro no mundo do atletismo.
O sábado 16 de marzo será a Fase Final de Fútbol Sala Escolar 2013.

O Pavillón de San Vicente de A Baña vai a albergar a Fase final Comarcal de fútbol sala Escolar desta tempada 2012/13, onde os equipos de benxamíns e alevíns de Negreira acudirán a esta cita así como os equipos de alevíns e infantís de O Cotón.

En canto os primeiros, clasificáronse primeiros e enfrentaranse os cuartos clasificados dos seus grupos. Os equipos de alevíns e infantís de O Cotón, o ser femininos enfrentaranse o outro equipo da zona que foi o de A Baña.

Esperamos que sexa un gran torneo, e ogallá algún dos equipos poida clasificarse para a Fase Intercomarcal. ¡ Moita sorte a todos!

A atleta Lucia Suárez estará no Campionato de España de Campo a Través.

A corredora das Escolas Deportivas de atletismo de Negreira, despois de quedar sétima no campionato Galego de Campo a Través, celebrado o pasado sábado 23 de febreiro en Guitiriz (Lugo), clasificouse para o Campionato de España desta disciplina.

Esta gran nova encheu de ledicia a xoven deportista, que está a traballar moi duro para no futuro estar na élite do atletismo galego.


RESULTADOS PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS (Culleredo 16/02/2013)

RESULTADOS GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS (Guitiriz 23/02/2013)
Bo resultado do equipo de Baloncesto Infantil.


O equipo de Baloncesto infantil das Escolas Deportivas Municipais, acabou a primeira volta da Liga Escolar nun meritorio cuarto posto na competición da zona de Barbanza (2ª categoría infantil barbanza-santiago) onde dominan os equipos de Riveira e Boiro.

A pesar de ser un equipo moi curto de efectivos demostrou o longo destes primeiros meses, que son moi competitivos e que poden mellorar postos na táboa clasificatoria final.


Desexámoslle moita sorte para a segunda volta.

+ info: PINCHANDO AQÚI.
Alta participación no Campionato Comarcal de Campo a Través:

PREMIADOS NA CARREIRA CADETE MASCULINO
Finalmente 800 escolares disputaron o Campionato Comarcal de Campo a Través do día 3 de decembro, nas inmediacións do I.E.S. Xulián Magariños.Tal cantidade desbordou os organizadores que tiveron problemas para levar adiante no horario previsto as distintas carreiras programadas.

A pesar dos malos augurios, o tempo respetou o Campionato e os nenos puideron correr polo circuito que aguantou moi ben as choivas de toda a semana.

Os resultados para os centros escolares do Val de Barcala foi moi bo gañando varias carreiras, que levarán a estes nenos a participar no campionato Intercomarcal.

PREMIOS:



BENXAMÍN MASCULINO:

1º.- JOAQUÍN GORÍS                            C.P.I. BEMBIBRE
2º.- DORAMÁS RODRIGUEZ              C.P. PORTOMOURO
3º.- ALEJANDRO LEMA                       C.P.I. A PICOTA

BENXAMÍN FEMININO:

1ª.- ALBA CUNS                                       C.E.I.P O COTO
2ª.- XIANA SOUTO                                 C.P. PORTOMOURO
3ª.- SHEILA LAGO                                  VICTOR SÁEZ

ALEVÍN MASCULINO:

1º.-SALAMA LOUFTI                              C.E.I.P. O COTO
2º.- GONZALO BARDANCA                   C.P. PORTOMOURO
3º.- JAVIER DOMINGUEZ                     C.P.I. BEMBIBRE

ALEVÍN FEMININO:

1ª.- MARÍA CASTRO                              C.P. PORTOMOURO
2ª.- PAULA PAREDES                           C.P.I. A BAÑA
3ª.- LORENA CASTRO                           C.P.I. ZAS

INFANTIL MASCULINO:

1º.- MARCOS ANTELO                          C.P.I. BEMBIBRE
2º.- JORGE QUEIRUGA                        I.E.S. AMES
3º.- AARON MANEIRO                        I.E.S AMES

INFANTIL FEMININO:

1ª.- LAURA BARBOSA                           I.E.S. XULIAN MAGARIÑOS
2ª.- IREA LÓPEZ                                      I.E.S. AMES
3ª.- LAURA VARELA                             BARRIE DE LA MAZA

CADETE MASCULINO:

1º.- ALBERTO CAAMAÑO                    I.E.S XULIAN MAGARIÑOS
2º.- YASSINE BASSAMI                       I.E.S. XULIAN MAGARIÑOS
3º.- JONATHAN MARTINEZ              I.E.S. AMES

CADETE FEMININO:

1ª.- PATRICIA SANTANA                      C.P.I. A BAÑA
2ª.- ANGELA CHORÉN                            C.P.I. BEMBIBRE
3ª.- GABRIELA PÉREZ                            C.P.I A BAÑA