Os equipos de fútbol sala das Escolas Deportivas de Negreira en categoría Benxamín e Alevín conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de fútbol sala escolar 2013, despois de acadar a victoria na fase Final que se celebrou en A Baña.
Outro ano máis os dous equipos conseguen meterse na seguinte Fase onde se van a enfrentar os campions da zona de Barbanza, Noia e Fisterra.
O Concello de Negreira solicitou albergar esta Fase Intercomarcal que terá lugar o sábado 4 de maio, o que significaría un espaldarazo o traballo que se está a levar na nosa Escola.
Por outra banda a atleta Lucia Suárez, acadou o 4º posto no Campionato de España de Campo a Través Escolar de categoría Cadete, coa seleción galega celebrado en Avila.
Está xoven deportista, demostrou unha vez máis que ten un importante futuro no mundo do atletismo.