
O equipo alevín de baloncesto das Escolas Deportivas de Negreira despois de debutar este ano na Liga de Baloncesto Escolar que se está a disputar no Concello de Boiro, ven de xogar un partido moi disputado o pasado domingo contra o equipo de Noia cun tanteador final de
A pesar da derrota o noso equipo está a facer un gran campionato co handicap de ter que xogar con tres nenos de categoría benxamín para poder completar o equipo, pero vistos os resultados o futuro destes rapaces está asegurado.