Por segundo ano consecutivo vaise a celebrar no noso Concello un evento deportivo de primeiro nivel como é este Campionato Galego que se vai a celebrar o vindeiro sábado 12 de febreiro no Pavillón de Pedra Mámoa a partir das 16:30 h.
Nesta edición a A.D. O Coto de Kárate vai a participar con catro competidores: Juan Berrayarza, Omar Mayo, Bibiana Pensado e Xoán García. Tamén actuará coma xuíz Cristy Tojo, primeira muller árbitro de nacional B.
Convidamos a todos os amantes do deporte a asistir o Pavillón para poder ver de preto os mellores karatecas galegos en acción.
Toda a información do torneo na seguinte páxina: http://www.federaciongallegakarate.com/
