O novo auditorio do Centro Sociocultural da vila acolleu a presentación da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais que pretende achegar ós mozos e adultos, as distintas disciplinas deportivas ofertadas polo Concello de Negreira, e que este ano son un total de 12 cunha duración de sete meses, e nas que o ano pasado tomaron parte máis de 300 veciños, entre os meses de outubro e maio. A principal intención destas Escolas é a de dar a coñecer e iniciarse nas distintas modalidades deportivas, aprender hábitos saudables e relacionarse para fortalecer os vinculos de amizade.
Nesta tempada a principal novidade é a escola de deportes de contacto coma o kick boxing ou full contact, a cargo de Totó Caamaño.
Os seus monitores son os seguintes:
Predeporte: Irma Oroña
Baloncesto: Manuel Castro
Atletismo: José M. García
Deportes de contacto: Totó Caamaño
Fútbol sala: Abel Pérez e Luis Zarco
Multideporte: José M. García
Tenis: Jesús Mariño, Manuel Villar e Juan Mesejo
Patinaxe: Marcos Pérez
Ximnasia de mantemento e para maiores: Ximnasio Impulso
Ximnasia ritmica e artística: María Fernández